lunes, 22 de octubre de 2012

Investigación sobre a historia e desenvolvemento da documentación.


Breve introdución á documentación informativa.

 

Resume:O traballo a continuación desenvolvido consiste en elaborar un pequeno máis exhaustivo análise da historia da documentación.En concreto centrarémonos nos seus comezos,  o desenvolvemento da disciplina e os cambios que vai experimentando a medida que aparecen novos tipos de fontes informativas ( bases de datos en Internet) así como as aplicacións que ten a documentación informativa (fundamentalmente aquelas vencelladas co xornalismo).

 

Palabras clave:Documentación informativa,análise,internet,busca,base de datos,información,difusión.

Introdución:Debemos ser conscientes de que a documentación informativa eríxese innegabelmente como piar mestre da profesión xornalística,isto é debido en parte a imposibilidade dun completo seguemento  por parte do xornalistas dos acontecementos que constitúen o panorama informativo actual.O anhelo , a vocación do xornalista puro é a de tentar ofrecer unha versión dos feitos o máis completa posíbel , abarcando tódolos prismas que lle sexa factíbel .Aquí neste punto concreto é onde entra en escena a documentación, a investigación,a realización de pesquisas con obxecto de garantir unha información plural,isto é non artellada a prol dos intereses de determinadas castas sociais , acadando así a pureza de tan lonxeva profesión.

 

Concepto:Numerosos autores tentaron elaborar unha completa e comprensíbel definición de documentación, todos eles converxen no emprego destes termos:” estruturar, clasificar, seleccionar, organizar, xestionar, valorar,organizar,..

 

Centrándonos na historia e avances do proceso de documentación: En 1895 Henri La Fontaine e Paul Otlet  crean o instituto Nacional de Bibliografía co obxectivo era crear unha organización sistemática da documentación , a creación dunha ciencia. O desenvolvemento da disciplina será profundamente influenciado pola crecente aparición de Academias, revistas científicas e xornais así como o emerxente emprego da fotografía como soporte gráfico, o cinematógrafo, o telégrafo ou a radiodifusión. Estes incrementarán de forma exponencial á información circulante. O fin último da documentación informativa será reunir e organizar esta información.

A forma de informar estaba mudando inexorabelmente , destacamos a figura de Gabriel Galdón autor do libro Principios operativos de la Documentación periodística afirma que definiría Documentación como,e cito textualmente, «el modo informativo que tiene por objeto la valoración, selección, clasificación y archivo para su posterior uso de textos y referencias sobre ideas, hechos, juicios y opiniones, con el fin de elaborar la información periodística y/o difundir información documental de base periodística».

 

No coetáneo sistema mediático numerosos  estudios  alertan sobre o aumento descontrolado da información na rede , a miúdo extraída de fontes pouco fiables ou sen identificar, de ínfima calidade: o vocablo infoxicación está cada vez máis espallado, atopámonos pois ante unha complicada situación no ámbito informativo,un escarpado camiño de cara a obter unha información plural , equilibrada e veraz.

 

Características da información actual:

A información de actualidade está relacionada con todo tipo de temas, tratados de xeito irregular ,  universal tanto no tocante a difusión como na súa orixe e fontes. Algúns dos obstáculos  plantexados no panorama informativo actual son:  redundancia,dificultando os procesos de selección; a obsolescencia, plantexando  problemas de conservación ye almacenamento; e, a linguaxe xornalística  e as súas modas, problemáticos  no tocante á linguaxe documental.

Amat y Blasco  expuxeron as principais características la información de actualidade dende o prisma do traballo documental:

-Coincidencia episódica. As mesmas noticias son ofrecidas por todos os medios diarios nas mesmas datas e posteriores, así como nas revistas xerais nas súas datas de publicación e en  espazos informativos non diarios dos medios audiovisuais. A principal causa é a dependencia dos medios das axencias de prensa e, sobre todo, dos produtores dos feitos constituídos  noticia e nunha interpretación coincidente das expectativas da audiencia.

-Redundancia cíclica. A actividade xornalística  centrase na cobertura dos feitos contemporáneos. Determinados acontecementos teñen  unha frecuencia diaria , outros semanal , outros mensual, trimestral e por último de tipo  anual.

-Efecto Mateo. "Muchos son los llamados y pocos los elegidos". Un selecto e concreto número de personaxes públicos polarizan o interese dos medios e aparecen nomeados nun elevado número de noticias mentres que outra franxa de personaxes aparecen citados polos escasamente, co consiguinte desequilibrio para otratamento da información relativa ós seres humanos.

-Multiplicidade de soportes. Teletipos, noticias impresas, comunicados de prensa, gravacións radiofónicas, materiais visuais e audiovisuais.

-Fragmentación da mensaxe. As mensaxes informativas se transmiten fragmentados polo ritmo de captación dos acontecementos diferente o da publicación ou edición dos medios. Estes ademais adoitan utilizar unha estrutura en forma de tríptico: Previo (anuncio, antecedentes, previsión) - Noticia - Reacións (Valoración, matización, contexto...) que, á súa vez, pode continuar xerando novas noticias, de tal xeito que non é doado realizar o proceso de selección nin análise documental pois  non existe criterio nin perspectiva suficiente.

-Latencia. A información de actualidade caduca aparentemente, pero calqueira feito pechado pode reabrirse e devolver  protagonismo a personaxes e feitos con independencia da súa antiguidade.

-Documentos compostos. Textos con fotografías e gráficos, por exemplo, os cales plantexan dificultades de organización documental e de deseño das ferramentas de recuperación documental.

-Lei do mínimo esforzo.A premura de tempo coa que se adoita traballar vai en detrimento de respostas e tratamentos da información elaborados.

-Estratificación de usuarios e usos. Se traballa para usuarios moi diferentes na súa especialización e nos seus obxectivos.

-Relatividade de significado. Os documentos periodísticos cambian o seu significado en distintos contextos e admiten interpretacións diversas por parte dos usuarios. Isto os fai polivalentes. En información audiovisual isto é  especialmente significativo

Funcións e finalidade:

O propósito inicial do proceso documentativo  é semellante ó actual,recompilar datos de todo tipo de fontes e soportes(casetes,vhs,artigos de revistas,..)Arquivos tanto de audio como de vídeo ou incluso imaxes.Toda esta información debe ser analizada,contrastada,de xeito que aumente no posíbel a facilidade de acceso de toda clase de público a dita información.

 Para os autores anteriormente citados  Otlet y La Fontaine a finalidad primordial da documentación informativa consiste en facilitar a recuperación e emprego de documentos polos usuarios, así como garantir a conservación destes documentos. Tamén a xeración de documentos secundarios a partir dos orixinais: inventarios, catálogos e bases de datos,por exemplo.

 

 

Centro de documentación nun medio: función, características e finalidade:

 

A  documentación podería ser definida como o conxunto de bens e servizos que proporcionan os departamentos de documentación nas empresas xornalísticas así como aqueles  producidos e  comercializados por  empresas especializadas.

 

A documentación nos medios debemos examinala desde tres perspectivas: como disciplina (estudio da natureza, deseño e utilización  dos sistemas de información documental), como profesión (aplicado aos medios de comunicación social) ou coma sector económico (para o almacenamento, conservación, representación, recuperación e difusión de informacións creadas polos medios de comunicación social).

 

As funciones principais da documentación dentro da creación da noticia  nos medios son:  calidade, la creatividade y la rendabilidade .

 

Debemos ter en conta:

-A existenza dun vínculo profundo entre o emprego de sistemas de información documental e a calidade  da produción xornalística.

-A información de tipo retrospectivo resulta chave no intento de rematar coa noción empobrecedora da nova como acontecemento puntual.

-A paulatina dixitalización producirá importantes mudanzas no ámbito da documentación(novas plataformas,..)

-Apareceran ou xurdirán centros de documentación virtuais de produción propia desaparecendo a necesidade de empregar colección de produción allea.

-Converxerán finalmente distintas especialidades do mundo documental.

  •  Bibliografía:                                                                                                                                                               

GALDÓN LÓPEZ, Gabriel: La documentación periodística en Europa.

 MOREIRO, José Antonio (coord.): Manual de documentación informativa, Madrid, Cátedra. 

DEL VALLE, Félix: La documentación en la prensa informativa                                       http://www.ucm.es/info/multidoc/multidoc/revista/num10/paginas/pdfs/Codina.pdfhttp://www.ucm.es/info/multidoc/prof/fvalle/tema14.htm

 

 

 

miércoles, 19 de septiembre de 2012

Guión debate 21-O.Trabajo Documentación.1


Introducción: un mediador presentará el tema a debatir, la elecciones gallegas del 21 O, posteriormente cederá el turno de palabra a un representante de cada grupo para que este realice un breve resumen de su postura.

En caso de generarse un conflicto entre dichas partes, la confrontación ideológica servirá como punto de partida para la realización del debate (contestando en primer lugar aquellos inicialmente  aludidos).

En caso de que ningún grupo desee continuar argumentando el mediador propondrá un nuevo tema. Esta mecánica continuará durante el resto del debate.

1º Propuesta: ¿Cómo perciben los partidos mayoritarios PP y PSdeG la escisión del BNG? ¿Como podría afectarles? ¿Cómo lo perciben los propios partidos escindidos?

2ª Propuesta: ¿Podría la entrada de Mario Conde en el PP poner en peligro la tradicional unión de la derecha gallega?

3º Propuesta: ¿Creen que las actuaciones del gobierno estatal y la controversia creada por estas podría afectar a la composición del gobierno autonómico? ¿Se ha visto desmejorada la imagen del PP en Galicia?

4º Propuesta: ¿El descontento popular podría producir una histórica abstención en las elecciones? ¿Cómo afectaría esto a la composición del gobierno autonómico?

5º Propuesta: ¿Con qué grupos de la oposición se siente cada grupo más afín? ¿Cómo podrían formarse las posibles coaliciones?

A continuación se cederá el turno de palabra a cada representante para que haga un balance a modo de conclusión sobre el debate.

Finalmente, el mediador elaborará un breve resumen de lo más destacado así como  los conflictos y  confluencias existentes  entre los diferentes grupos.

                                              

Elba de la Barrera Agulló.

Jaime Crespo Bris.

Lucía García Botana.